
O Celta Fortuna xa coñece cal será o calendario completo para a súa estrea en LaLiga Hypermotion 2026/27. Será unha tempada histórica que arrincará ao redor do 16 de agosto no JP Financial Estadio onde nos mediremos ao Cádiz CF.
Por outra banda, o filial celeste poñerá broche final á tempada tamén a domicilio nun estadio coñecido, o Heliodoro Rodríguez López, onde nos enfrontaremos ao CD Tenerife ao redor do 6 de xuño.
Repasa AQUÍ a folla de roteiro do Celta Fortuna e non te perdas unha campaña que xa forma parte da historia celeste.
