16-9 (2)
Celta Fortuna

Dela, Jaime Vázquez, Luis Bilbao e Vicente poñen fin á súa etapa no Celta

RC Celta

Este 30 de xuño, Dela, Luis Bilbao, Vicente e Jaime Vázquez finalizan a súa vinculación co Celta, pechando unha etapa na que formaron parte dunha xeración que xa é historia do celtismo.

Os catro integraron o plantel do Celta Fortuna que logrou, por primeira vez, o ascenso do filial a Segunda División, un fito que sempre formará parte da historia do club.

O Celta quere agradecerlles o traballo, compromiso e a dedicación que demostraron durante todo este tempo defendendo a camiseta celeste e deséxalles moita sorte nos seus novos retos deportivos.

Esta sempre será a vosa casa. Grazas!

RC Celta

Etiquetas

Celta b Celta Fortuna

Noticias recomendadas