ESCUDO-1300x400-02
Celta b

Un Celta B de menos a máis queda sen premio ante o Córdoba CF (1-2)

RC Celta

O Celta B caeu derrotado (1-2) ante o Córdoba CF no partido correspondente á terceira xornada de Liga no grupo I de Primera Federación disputado en Barreiro. Os celestes, que foron sorprendidos por un gol dos visitantes na primeira metade, non puideron estrear a súa marcadora como locais a pesar da melloría tras o descanso.

Un partido que comezaba sen un dominador claro e que, pasado o ecuador do primeiro tempo, o Córdoba adiantábase no marcador por medio de Willy nunha xogada a balón parado.

O filial celeste, que ofreceu a súa mellor versión tras o paso por vestiarios, encaixaba o 0-2 cando mellor estaba cun gol de Kike Márquez que puxo costa arriba o partido nunha última media hora de choque na que os de Claudio Giráldez buscaron recortar diferenzas. O 1-2 chegaría a falta de dous minutos para o final do tempo regulamentario, un gol de Lautaro que axitaba o partido pero sen o tempo suficiente para buscar a igualada.

Tras esta derrota, o Celta B visitará á AD Ceuta FC o vindeiro domingo 18 de setembro ás 12:00 no Alfonso Murube.

FICHA TÉCNICA

1 – RC CELTA B: Coke; Carrique, Sergio Barcia, Yoel (Beitia, min. 46), Carlos Domínguez, Tincho (Iván López, min. 46); Hugo Sotelo (Raúl Blanco, min. 46), San Bartolomé (Martín Calderón, min. 46); Miguel Rodríguez (Lautaro, min. 61), Pablo Durán, Iker Losada.

2 – CÓRDOBA CF: Carlos Marín; José Ruiz, Jorge Moreno, Gudelj, Calderón; Diarra, Ramón Bueno (Fuentes, min. 72); Carracedo (Cedric, min. 84), Kike Márquez (De las Cuevas, min. 64), Simo (Álex Bernal, min. 72); Willy (Antonio Casas, min. 64).

Goles: Willy (0-1, min. 31); Kike Márquez (0-2, min. 59); Lautaro (1-2, min. 88).

Árbitro: Román Román, do colexio castelán leonés. Amonestou a Tincho, do Celta B.

Campo: Barreiro.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas