banner fundación 2532x 1672
Fundación

Clínics de Nadal Fundación Celta by Cabreiroá 2021

RC Celta

banner fundación 2532x 1672
A última semana do ano 2021 xa poderás gozar dunha nova edición dos Clínics de Nadal Fundación Celta by Cabreiroá que, durante tres días, se levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: luns 27, martes 28 e mércores 29 de decembro.

As sedes confirmadas ata a data son as seguintes:

  • A MADROA (Vigo) – Luns, martes e mércores. Martes inclúe Batalla de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ para os porteiros.
  • MONTEPORREIRO (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
  • PABELLON OURENSE (Ourense) – Luns e martes.
  • VIANA DO BOLO (Ourense) – Martes e mércores.
  • DUMBRÍA (A Coruña) – Luns e martes.
  • AGUIÑO-RIBEIRA (A Coruña) – Martes e mércores.

Para porteiros…

  • Batalla de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en A MADROA (Vigo) – Martes
  • Batalla de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en CAMBADOS (Pontevedra) – Mércores

Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando cos adestradores da canteira do  RC Celta, equipo de  futbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores mozos tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación integral, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional. Un AGASALLO DE NADAL excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do  futbol e do  RCCelta

E todo baixo o control dun Protocolo COVID segundo as medidas restritivas marcadas polas autoridades sanitarias e deportivas, que xa temos en práctica todo o ano co resto de actividades deportivas organizadas (escolas de futbol, adestramentos da canteira, campus de verán…) e con extraordinarios resultados.

As inscricións estarán abertas desde o Luns 13 de decembro, anótate canto antes xa que as prazas son LIMITADAS: peche de inscricións domingo 26 de decembro ás 14:00h do mediodía. A través da propia web da Fundación Celta poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados.

Máis de vinte anos de experiencia na organización deste tipo de actividades aválannos con excelentes resultados recoñecidos por todos os participantes.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas