IMAGEN DESTACADA CLÍNIC DE NADAL
Fundación

En marcha os Clínic de Nadal da Fundación Celta by Cabreiroá 2022

RC Celta

Xa están abertas as inscricións para os CLÍNICS DE NADAL FUNDACION CELTA que, durante tres días, realizaranse por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: luns 26, martes 27 e mércores 28 de decembro.

As sedes confirmadas ata agora son as seguintes:

  •   A MADROA (Vigo) – Luns, martes e mércores.
  •   COLEGIO MARCOTE (Vigo) – Luns, martes e mércores. Para biberóns (4-5 anos).
  •   PABELLÓN OURENSE (Ourense) – Luns, martes e mércores.
  •   VIANA DO BOLO (Ourense) – Luns, martes e mércores.
  •   PRAIÑA-TEO (A Coruña) – Luns, martes e mércores
  •   CONCELLO DE RIBEIRA (A Coruña) – Luns, martes e mércores.

Para porteiros…

  •   Clínic de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ na MADROA (Vigo) – Luns
  •   Clínic de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en PABELLON OURENSE (Ourense) – Martes
  •   Clínic de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en CAMBADOS (Pontevedra) – Mércores

Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando cos adestradores da canteira do RC Celta, equipo de fútbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores mozos tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación persoal, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional.

Como novidade teremos un Clínic específico para os máis pequenos de 4-5 anos no pavillón do Colexio Marcote en Vigo onde desenvolverán adestramentos adaptados á súa idade e protexidos de calquera meteoroloxía adversa.

Un AGASALLO DE NADAL excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do fútbol e do RCCelta

As prazas son limitadas, así que non dubides en anotarte canto antes para asegurarte a praza e gozar ao grande do fútbol da man do RC Celta e os adestradores das súas categorías inferiores. As inscricións estarán abertas ata o VENRES 23 de decembro ás 12:00 do mediodía. A través da propia web da Fundación Celta poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados.

Máis de vinte anos de experiencia na organización deste tipo de actividades aválannos con excelentes resultados recoñecidos por todos os participantes.

Para obter máis información sobre os Clínicis e tramitar as inscricións debemos acceder á seguinte ligazón.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas