Hemeroteca canteira

Desafortunada derrota do Celta B no tempo de desconto

RC Celta

javi_rey_celtab-burgos_1314.jpg

Os canteiráns perderon pola mínimima no campo da SD Logroñés (1-0)

 

Amarga derrota do Celta B, ao que se lle escapou un valioso punto no tempo de desconto. Unha falta lateral cabeceada por Ledo no minuto 91 deu a vitoria á SD Logroñés.

 

Nada máis arrincar o encontro os celestes gozaron dunha gran oportunidade para adiantarse no marcador cun remate de socato de Borja Iglesias. O potente disparo do dianteiro céltico despexouno Moya. Sen grandes ocasións por parte de ningún dos equipos, o partido chegou ao descanso sen que o porteiro celeste tivese que intervir.

 

Tras a continuación a SD Logroñés gozou de varios achegamentos á área olívica, pero a impreción dos rematadores e o bo facer de Rubén Branco impediron que os locais anotasen. No desconto a fortuna aliouse co rival e co tempo regulamentario xa cumprido, Ledo cabeceou o balón ao fondo da portería viguesa.

 

O vindeiro domingo ás 16:30 horas, o Celta B recibe en Barreiro ao Compostela. O apoio dos afeccionados celestes volverá ser determinante, polo que o club anímalles a acudir ao campo e alentar aos canteiráns de principio a fin. Como é habitual, os abonados poden acceder ao encontro do filial presentando o seu carné na entrada.

 

FICHA TÉCNICA

 

1-SD Logroñés: Mandaluniz, Alcántara, Metola, Ledo, Moya, Fran Sota, Del Puente, Rojas (Laencina, 78′), Javi Torres (Tamayo, 85′), Candelas e Toledo

 

0-Celta B: Rubén, Kevin, Maceira, David Costas, Soto, Goldar (Fernán, 84′), Javi Rey, Antón, Borja Iglesias, Yelko (Añón, 58′) e Thaylor (Borja Domínguez, 62′)

 

Árbitro: Álvaro López Parra do colexio cántabro. Amonestou a Rojas, Moya, Fran Sota, Ledo e Candelas pola SDL, e a Thaylor e Añón polo Celta B

 

Goles: 1-0, min. 91: Ledo

 

Campo: Las Gaunas. 886 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas