imagen horizontal campus sergio álvarez 2022 noticia web
Campus gl

En marcha o I Campus de porteiros Sergio Álvarez Fundación Celta by Cabreiroá

RC Celta

Dándolle continuidade á colaboración de Sergio Álvarez coa Fundación Celta para desenvolver a formación específica dos novos porteiros do fútbol base, este verán poñemos en marcha o I Campus de porteiros Sergio Álvarez Fundación Celta by Cabreiroá, que levarase a cabo do luns 11 de xullo ao sábado 16 de xullo nas Instalacións Deportivas da Madroa.

Este campus contará con adestradores de porteiros da canteira do RC Celta así como da Escola de Porteiros da Fundación Celta na Madroa. Desenvólvense todos os contidos técnico-tácticos correspondentes a esta posición tan específica do fútbol e, ademais, con diferentes competicións de batallas de porteiros que conseguirán unha maior diversión e goce da actividade. Aprendizaxe e diversión estarán asegurados con fartura.

A través da web podes consultar toda a información e tramitar as inscricións: prazas limitadas. Anímache a participar e gozar da man de todo un emblema da portería do RC Celta como foi O Gato de Catoira.

RC Celta

Etiquetas

Campus gl Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas