Hemeroteca canteira

Fútbol Draft concede ao Real Club Celta o Premio Especial de apoio á canteira

RC Celta

11oro-fdraft-1314.jpg

Ademáis, David Costas e Jonny, elexidos no 11 de Ouro, Mina no de Prata e Rubén no de Bronce

 

Tras anos de duro traballo e dun enorme esforzo e co firme impulso dunha afección ilusionada e envorcada, a canteira do Real Club Celta vive un momento especialmente doce, cunha crecente e altamente satisfactoria colleita de éxitos e recoñecementos de diversa índole. Fútbol Draft, entidade de promoción da canteira nada ao amparo de todas as institucións do fútbol español, como o Consello Superior de Deportes, Real Federación Española de Fútbol, Liga de Fútbol Profesional, Asociación de Futbolistas Españois e Asociación Española de Axentes de Futbolistas, concedeu ao Celta unha distinción de gran valor para o proxecto do club e da súa Fundación: o premio especial de apoio á canteira.

 

Ademáis deste premio que recoñece, a nivel nacional, o labor do club para potenciar e desenvolver a súa canteira, dous xogadores do Real Club Celta forman parte do once de Ouro do Fútbol Draft, os mellores canteiráns de España con idades comprendidas entre os 16 e 20 anos. Jonny foi designado mellor lateral dereito do país e David Costas mellor central.

11plata-fdraft-1314ok.jpg

Outros dous canteiráns celestes foron elixidos os mellores. O dianteiro Santi Mina forma parte do once de Prata deste organismo e o porteiro Rubén Blanco do once de Bronce.

 

Formaron parte do cuarto e último comité técnico de Fútbol Draft, que elixiu aos 33 mellores futbolistas repartidos no once de Ouro, Prata e Bronce, o presidente do CSD Miguel Cardeal, o seleccionador nacional Vicente do Bosque, Iñaki Sáez, os técnicos da RFEF Albert Celades, Luís de la Fuente, Santi Denia, David Gordo e Nacho Quereda, Anxo Caballero, Vicente Miera, Jorge Azkoitia, Nacho Silván e Javier Lasagabaster.

 

O Real Club Celta e a súa Fundación queren facer partícipes do premio especial de apoio á canteira e dos individuais que lograron os seus xogadores aos clubs de toda Galicia que colaboran coa entidade celeste na formación de xogadores e promoción da canteira e, por suposto, a todo o celtismo, sen cuxa comprensión e apoio o proxecto do club non sería viable.

11bronce-fdraft-1314ok.jpg

Imaxes: www.futboldraft.com

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas