Resultados 2021-2022
A Canteira

Horarios da canteira do RC Celta (22 e 23 de xaneiro)

RC Celta

A fin de semana da canteira comezará este sábado ás 10:30 coa décimo séptima xornada de Liga Galega para un Infantil A recibe á Escola Fútbol DSF na Madroa; a esa mesma hora, na Xunqueira, o Alevín A disputa a xornada 3 da segunda fase de competición ante o CD Areosa, mentres que o Cadete B pecha a mañá ás 12:30 ante o Arousa SC na xornada 14 de Liga Galega. En horario vespertino, o Infantil B disputa a décimo cuarta xornada ante o Racing Castrelos FC na Madroa ás 16:00; mesmo horario e escenario para os equipos benxamíns, que disputan a xornada 3 ante Rápido de Bouzas e SD Ponteareas, respectivamente. Por último, o Celta B pecha o sábado ás 17:00 enfrontándose á UD Sanse en Matapiñonera na xornada 19 de Primeira RFEF Footters.
O domingo arrincará coa xornada 3 dun Alevín B que se enfronta á ED Val Miñor B ás 11:10 en Ureca. Dobre ración celeste ás 12:00 o Celta C – Gran Peña recibe ao Juventud Cambados en Barreiro (xornada 15 de Preferente Sur) mentres que o Xuvenil A viaxa ao Vicente Miera para verse as caras ante o Atlético Perines (xornada 18 de División de Honra). Por último, o Cadete A despide a fin de semana visitando ao CD Conxo ás 12:30 na Merced na décimo quinta xornada de División de Honra.

 

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas