IkerLosada&SergioBarcia_1300x400
Celta b

Iker Losada e Sergio Barcia emprenden novos camiños

RC Celta

Os canteiráns Iker Losada e Sergio Barcia conclúen a súa etapa celeste. Os contratos de ambos futbolistas co Celta B finalizan o día 30 do presente mes e emprenderán novos camiños que o RC Celta desexa que lles conduzan ao éxito e estean cheos de satisfaccións e alegrías.

O RC Celta apoia a súa decisión e quere agradecerlles o seu comportamento, o esforzo e o moito que achegaron ao club tanto no aspecto deportivo como humano nos anos nos que formaron parte da canteira celeste, nos que se converteron nun exemplo de entrega, actitude e compañeirismo para todos os canteiráns.

Moitas grazas e toda a sorte do mundo a ambos.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas