Traballo intenso no Celta B para configurar o plantel da presente tempada. Tras o regreso de Sergio Barcia e a incorporación de Javi Domínguez, o filial dispón xa de un novo futbolista nas sesións de traballo: o lateral dereito Iván López.
Iván López, de 21 anos de idade, chega tras disputar a pasada tempada no Tudelano, onde xogou cedido polo Rayo Majadahonda. É un lateral con gran capacidade ofensiva, boa chegada á área. e versatilidade. O xogador será celeste durante as 3 próximas tempadas.