16-9 (1)
Celta Fortuna

Jan Oliveras, polivalencia e talento que se unen ao Celta Fortuna

RC Celta

O Celta Fortuna continúa reforzando o seu plantel coa incorporación do novo talento procedente da AS Roma, Jan Oliveras. O lateral esquerdo chega libre ao filial celeste e asinou o seu contrato para as próximas catro tempadas.

Formado na canteira do FC Barcelona, o futbolista destaca pola súa versatilidade sobre o terreo de xogo e o seu dominio na banda esquerda, o que lle permite adaptarse a varias posicións tanto na defensa como no centro do campo.

Internacional coa Selección española Sub-18 e Sub-19, Oliveras conta na súa traxectoria con experiencia na liga italiana e, na tempada pasada, estivo cedido no Dinamo de Zagreb da SuperSport HNL croata.

Agora, o mozo talento de 21 anos ponse ás ordes de Fredi Álvarez e inicia así unha nova etapa como celeste.

Benvido, Jan!

RC Celta

Etiquetas

Celta Fortuna

Noticias recomendadas