Joel López recibe a alta médica e regresa á convocatoria do Celta Fortuna tras permanecer sete meses afastado dos terreos de xogo. O defensa, que sufriu unha grave lesión no seu xeonllo esquerdo durante o partido de play-off ante o Málaga CF o pasado mes de xuño, deu o paso definitivo na súa recuperación e xa se atopa dispoñible para o partido de mañá ante o Ourense CF.
Un regreso moi esperado dun xogador sempre comprometido e que durante estes meses traballou incansablemente para volver gozar sobre o verde. Unha excelente noticia para el e para todo o equipo e afección que volverán gozar do talento e a calidade do mozo catalán.
Que gusto terte de volta, Joel!