ESCUDO-1300x400-01
A Canteira

Miguel Rodríguez, citado pola Selección Española sub-19 para o clasificatorio ao Campionato de Europa

RC Celta

miguel rodriguez ice mint hztal

O canteirán Miguel Rodríguez, que suma dúas convocatorias coa Selección Española sub-19 no que vai de curso, regresa ao combinado nacional para disputar en Luxemburgo o Minitorneo de Clasificación para o Campionato de Europa sub-19 entre o 10 e o 16 de novembro.

Miguel, que foi capitán na súa última citación nesta categoría, enfrontarase á selección anfitrioa o mércores 10 no Terrain Bousbierg Stadium. En leste mesmo escenario disputarase tanto o encontro fronte a Acerbaixán, previsto para o sábado 13, como o duelo fronte a Bélxica, programado para o martes 16.

O futbolista do Celta B, que regresará a España o mércores 17, é un fixo coas categorías inferiores de España desde a súa primeira convocatoria no ano 2017 co combinado sub-15. Esta convocatoria supón un novo recoñecemento ao continuo traballo que o RC Celta e a súa Fundación realizan co fútbol base, ademais de reforzar a imaxe da canteira celeste como unha das que máis nutre de xogadores ás categorías inferiores da Selección Española.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas