Néstor Díaz, porteiro do Celta B, será intervido a próxima semana dunha rotura do tendón supraespinoso do ombreiro esquerdo, lesión que lle manterá entre 4 e 5 meses de baixa. Tras varias semanas de rehabilitación, os servizos médicos do club decantáronse polo tratamento cirúrxico. O doutor Martínez Sayanes, coa colaboración de Mario Galán, médico do RC Celta, será o encargado de realizar a operación no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima.
O club quere expresar o seu máximo apoio a Néstor e desexarlle unha pronta e total recuperación.
Mensaxe publicada por Néstor Díaz en Instagram (@nestordiaz1)