WhatsApp Image 2021-04-26 at 16.47.42
Celta b

O Celta B afronta un partido decisivo en Abanca Balaídos arroupado polo celtismo

RC Celta

O Celta B gañouse durante toda a tempada, espléndida, chegar ao partido deste domingo en Abanca Balaídos con dereito a soñar. Si gaña, fará historia: disputará o play off -dous partidos- de ascenso a Segunda División. E o filial celeste non perseguirá o soño en soidade. Neste parrido decisivo ante a Cultural Leonesa haberá de novo afeccionados no estadio. O club ofrece aos seus abonados ata 2.500 localidades.

Poderán optar ás entradas os abonados con carné da presente tempada en vigor, e como é habitual, en caso que se produza sorteo por haber un maior número de solicitudes que de localidades, terán prioridade os que na pasada campaña optaron polo monedero dixital, realizaron unha donación á Fundación ou renunciaron á devolución e aqueles que non acudiron aos encontros anteriores.

Os abonados poderán solicitalas desde este momento e ata este xoves ás 16.00 horas AQUÍ e deberán aceptar online a pertinente declaración responsable.

A confirmación da entrada asignada a cada abonado realizarase o venres mediante correo electrónico, onde tamén se indicará a grada e as portas polas que ten que acceder.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas