celta-b-entrenamiento-madroa-ruben-albes.jpg
Celta b

O Celta B inicia os adestramentos de pretempada este martes

RC Celta

A pretempada do Celta B comeza este martes ás 10:00 nas instalacións deportivas da Madroa. Os mozos celestes realizarán unha única sesión na volta ao traballo, pero a partir do mércores comezarán as dobres sesións: matinal ás 10:00 e vespertina ás 18:30.

O sábado 21 haberá sesión de mañá e pola tarde o primeiro compromiso estival, un triangular ante Coruxo e Caselas que se disputará a partir das 19:30 en A Gándara (Salceda de Caselas). O domingo, o equipo gozará do primeiro día de descanso.

A lista de futbolistas que adestrarán este martes no campo do filial na Madroa está formada por Jero, Riki, Robert, Manu Farrando, Rai, Álex Rey, Solís, Din, Pampín, Jacobo, Álex Serrano, Aarón Rei, Dani Vega e José Sobrido; ademais dos xogadores con ficha de xuvenil Jose, Sergio, Raúl, Nacho, Barcia, Tiago, Iker Losada, David Álvarez e Martín Rafael.

O xogadores do filial Fran Vieites, Juan Antonio Ros, Alende, Dani Molina, Pastrana, Iban Salvador, Dennis e Apeh atópanse en A Toxa realizando a pretemporada co primeiro equipo.

RC Celta

Etiquetas

Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas celta b Novas celta b

Noticias recomendadas