O Celta B recibe este mércores en Abanca Balaídos ao Real Unión co obxectivo de defender o seu posto de play off de ascenso, ao que accedeu tras unha gran vitoria como visitante no seu último encontro: 0-7 ante O UD Sanse. Os xogadores celestes disputarán ademais dous encontros consecutivos en casa, ambos en Abanca Balaídos, onde o sábado reciben ao Bilbao Athletic ás 17 horas, polo que dispoñerán, ante a súa afección, dunha oportunidade única de reforzar a súa privilexiada posición na táboa clasificaría.
Para o encontro ante o histórico Real Unión, os abonados celestes poderán acceder a partir das 18 horas cos seus carnés á Grada de Tribuna Alta a través das portas 2 e 7. Deberán usar mascarilla e será necesario tamén que mostren o Certificado Covid (maiores de 12 anos).
Trátase dun encontro de gran importancia para o filial, xa que cun triunfo asentarase nos postos de play off de ascenso. O empuxe da afección en Abanca Balaídos será clave para que os xóvenes xogadores celestes poidan superar ao competitivo Real Unión, que se atopa únicamente un punto por baixo do Celta B na clasificación.
Os afeccionados que desexen presenciar o partido poden adquirir entradas para Tribuna Alta, ao prezo de 10 euros, AQUÍ