ESCUDO-1300x400-01
Celta b

O Celta B rescata un punto sobre a bucina nun partido no que mereceu máis (1-1)

RC Celta

O Celta B mereceu máis. Aínda que o primeiro tempo dos celestes foi discreto, con dificultade para desenvolver o seu xogo, os de Onésimo saíron con todo na segunda parte, dispostos a reverter o tanto marcado polo Extremadura no minuto quince. O filial céltico acumulou numerosas ocasións de perigo ante un rival que se replegó para tentar conservar custe o que custe o tres puntos.

Os vigueses foron de menos a máis e terminaron o partido totalmente envorcados na área estremeña. Xa no tempo de desconto, cando a derrota parecía inevitable, Holsgrove apareceu para enviar o balón ao fondo da rede e sumar un valioso punto. O encontro non estivo exento de polémica: un penalti non pitado a Miguel Rodríguez.

 

FICHA TÉCNICA

1 – CELTA B: Gaizka Campos; Pampín, Javi Castro, Álex Martín, Medrano (min.60, Carrique); Àlex Carbonell, Holsgrove, Íker Losada (min.21, Alfon), Javi Gómez (min. 79, Beitia); Cedric (min.60, Fran López) e Miguel Rodríguez (min.60, Lauti).

1 – EXTREMADURA: Pedro López; Vargas, Fran Cruz, Lolo González, Morcillo, Fran Valera; Elías Pérez, Pastrana (min. 81, Corís), Dani Toribio; Sergio Gil e Kike Márquez.

Goles: Elías (0-1, min.15); Holsgrove (1-1, min.90).

Árbitro: Fernández Buergo, do comité asturiano. Amonestou a Álex Martín (Celta B).

Campo: Barreiro (700 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas