Hemeroteca canteira

O Celta B vence con holgura en Narón

RC Celta

Añón abriu o marcador e Rubén Martínez, por partida dobre, sentenciu o partido

 

O Celta B controlou de principio a fin o encontro disputado en Río Seco ante o Narón. Na primeira parte o partido puido porse costa arriba para os célticos, pero os locais viron frustradas as súas puntuais ocasións grazas ás intervencións dos futbolistas vigueses. Primeiro foi Marcos Torres, que co 0-0 salvou baixo paus un remate de Carballeira; e despois Rubén Branco, que detivo un penalti a poucos minutos para o descanso.

 

O conxunto olívico estreou o marcador no primeiro tempo por medio de David Añón, que non faltou á súa habitual cita co gol. Xa na segunda parte Rubén Martínez asinou un dobrete que sentenciou o partido e ante o que o Narón nada puido facer, a pesar de recortar diferenzas cunha diana de Alberto no minuto 64.

 

FICHA TÉCNICA

1-NARÓN: Marcos Souto, Josito (Óscar, min 65), Agustín, Alberto, Muiña, Álex Cabarcos, Juanito, Cholo, Luis Coedo (Pablo, min 51), Queijeiro (Santi, min 55) e Carballeira

 

3-CELTA B: Rubén Blanco, Marcos Torres, Víctor Vázquez, Antón, Maceira, David Añón (Benja, min 81), Sergio Santos, Madinda, Rubén Martínez (Aitor, min 61), Camochu e Santi Mina (Félix, min 67)

 

Goles: 0-1, min 16: David Añón; 0-2, min 50: Rubén Martínez; 0-3, min 59: Rubén Martínez; 1-3, min 64: Alberto

 

Árbitro: Cives Enjo. Amonestou a Santi e Muiña do Narón e ao celeste Maceira

 

Campo: Río Seco (100 espectadores)

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas