16-9
Celta Fortuna

O Celta Fortuna incorpora velocidade e desequilibrio con Vlad Silva

RC Celta

O Celta e o FC Paços de Ferreira alcanzaron un acordo para a cesión con opción de compra de Vladimir Silva que reforzará o plantel do Celta Fortuna de cara ao arranque dunha tempada histórica en LaLiga Hypermotion.

Natural de Bissau e con só 17 anos, Vlad disputou un total de 26 encontros na segunda división portuguesa co Paços de Ferreira, asinando un gol e unha asistencia. Ademais, o atacante sumou dúas participacións na Taça de Portugal. A nivel internacional, o novo xogador celeste debutou coa selección lusa sub-17, coa que disputou 12 encontros e anotou dous goles.

Extremo esquerdo capaz de ocupar diferentes posicións da fronte de ataque, Vlad destaca pola súa velocidade e capacidade para xerar vantaxes no un contra un. O seu perfil ofensivo, unido a unha boa interpretación dos espazos, convérteno nun xogador cunha gran proxección e plenamente identificado coa aposta do club polo talento novo.

Coa súa incorporación, o Celta Fortuna reforza o seu plantel para unha esixente e histórica tempada en LaLiga Hypermotion. O club quere darlle a benvida e desexarlle o maior dos éxitos nesta nova etapa como celeste.

Benvido, Vlad!

RC Celta

Etiquetas

Celta Fortuna

Noticias recomendadas