ESCUDO-1300x400-01
Celta b

O dianteiro do Celta B Lautaro sofre unha rotura-arrincamento do aductor medio

RC Celta

Gran infortunio para o dianteiro do Celta B Lautaro Bouzada. Trala súa exhibición no último partido do filial, con dous goles e unha asistencia na vitoria por 1-4 fronte ao Real Unión de Irún, o canterano sufriu unha severa lesión nun adestramento. As probas realizadas polos servizos médicos do club desvelan que Lautaro presenta unha rotura-arrincamento do aductor medio da coxa dereita. O dianteiro celeste permanecerá de baixa en torno a oito semanas.

O RC Celta quere enviarlle a Lautaro unha mensaxe de ánimo e desexarlle unha pronta recuperación.

o

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas