ESCUDO-1300x400-02
Fundación

O proceso de captación no fútbol, protagonista da man de Alfredo Merino no Curso DO Celta

RC Celta

O Salón Rexio da Sede acolleu a tarde deste luns a terceira xornada da VI edición do Curso Denominación de Orixe Celta. Neste caso, o relator invitado foi un profesional da casa de recoñecido prestixio, Alfredo Merino Tamayo, responsable de departamento de captación do RC Celta.

Con experiencia no Real Madrid, exerceu o rol de Director de Captación Nacional durante o últimas oito tempadas para a entidade celeste. Así mesmo, ten unha importante traxectoria como adestrador, dirixindo a equipos en 2ª División como o Real Valladolid e CD Tenerife, e en 2ªB, destacando os filiais do Atlético de Madrid e CD Tenerife ou o Palencia CF.

Merino compartiu con todos os técnicos o seu método e organización no departamento de captación do club e as diferentes etapas na análise e incorporación de novos talentos. Pasional, dedicado e con gran ilusión, nunha distendida charla coa participación e interacción constante de asistentes, deu a súa visión persoal e importancia do proceso de captación no fútbol actual.

A próxima xornada da VI edición do Curso Denominación de Orixe Celta celebrarase o luns día 25 de outubro e terá como protagonista, de maneira telemática, a Andoni Zubizarreta.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas