cultu
Celta b

O RC Celta B consegue unha vitoria impresionante ante a Cultural (0-3)

RC Celta

O RC Celta B asinou unha vitoria impresionante en León ante a Cultural e Deportiva Leonesa (0-3) que lle permite achegarse ao tres primeiros postos do seu subgrupo. Alberto Solís asinou un partido de ilusión e anotou o tres goles do equipo.

O partido comezou con ambos equipos tentando facerse co control do balón e cunha ocasión inmellorable para os xogadores celestes tras un penalti cometido sobre Cunha ao cuarto de hora. A mala sorte cebouse con Holsgrove que enviou o lanzamento ao pau e non puido adiantar ao filial en León.

No resto da primeira metade, os dous conxuntos estiraron liñas e acumularon chegadas de perigo, sobre todo nos pés de xogadores visitantes e nas que Patrick Sequeira tamén se mostrou moi seguro na portaría do RC Celta B.

Na segunda metade os de Onésimo acumularon o dominio do balón, sendo mellores que o seu rival, impondo o seu xogo e y tendo ocasións de Holsgrove e Manu Justo. O bo fútbol do filial tivo o premio do gol grazas a Alberto Solís a falta dun cuarto de hora para o final. Non só non se conformou o Celta B, senón que foi a por máis e conseguiu o segundo gol e novo por medio de Solís antes do final. E como non lle parecía suficiente, Solís anotou o seu terceiro gol no desconto para asinar unha goleada de moitísimo mérito.

 

FICHA TÉCNICA

RC Celta B: Sequeira, Carreira, Cunha, Carlos, Pampín, Barri, Holsgrove, Solís, Gabri Veiga, Soni, Manu Justo. Tamén xogaron: Iker Losada, Lautaro, Prado, Raúl Blanco

RC Celta

Etiquetas

Celta b Novas celta b

Noticias recomendadas