Tras a súa chegada ao Celta Fortuna o pasado mes de xullo, Emi Rodríguez regresa ao Club de Fútbol Pachuca por desexo da entidade mexicana. Os tuzos decidiron exercer a opción de recuperar ao atacante de 21 anos no presente mercado de xaneiro.
Emi Rodríguez disputou coa camiseta celeste un total de 498 minutos, repartidos en 10 encontros, nos que se estreou como goleador en Primeira Federación con dous tantos, o primeiro na segunda xornada da competición ante a Real Unión, e outro ante o Zamora CF en Abanca Balaídos.
O RC Celta quere desexarlle moitos éxitos na súa nova etapa deportiva.
Grazas, Emi!