PRESENTACIÓN A ESTRADA NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Fundación

Presentación do Campus Fundación Celta by Cabreiroá 2021 – A Estrada

RC Celta

A Fundación Celta presentou o Campus de verán by Cabreiroá 2021 – A Estrada, coordinado de maneira conxunta coa Escola  Fútbol Base da Estrada e o Concello da Estrada a través da súa concellería de deportes que levará a cabo do 28 de xuño ao 2 de xullo.

A presentación -que se celebrou no Salón de plenos do Concello da Estrada- contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Ismael Pena e o Coordinador deportivo da Escola Estrada Fútbol Base, Marcos Piñeiro, quen recibiu ao director da Fundación, Germán Arteta, e ao Coordinador de Campus e Escolas da Fundación Celta Manu Gómez.

Durante o acto presentáronse os detalles da nova edición desta sede destinada a nenos e nenas de 4 a 16 anos que vivirán unha semana de moito fútbol no Campo Novo Municipal da Estrada en horario de 9:45 a 14 horas.

Se desexas máis información acerca de Campus Fundación Celta by Cabreiroá, fai clic en esta ligazón.

Non esperes máis e inscríbete aquí!

 

RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas