ESCUDO-1300x400-02
A Canteira

Primeiro punto do Celta B en Primera RFEF tras empatar en Barreiro contra o CD Badajoz (0-0)

RC Celta

Segundo partido do filial celeste na nova Primeira RFEF e primeiro partido no estadio de Barreiro, co celtismo apoiando aos nosos.

O Celta B e o CD Badaxoz propuxeron un fútbol similar nos primeiros minutos de partido. Un xogo moi físico, con intentos de posesións por parte dos dous equipos, aínda que a presión de ambos impedía unha maior fluidez de balón.

O partido chegou ao descanso con boas ocasións para o conxunto celeste, por parte de Iker Losada e Lauti, que non puideron bater á meta visitante, chegando así con empate no marcador.

O segundo tempo empezou con gran dominio celeste. Os de Onésimo impuxeron o seu ritmo con posesións máis longas, sendo superiores ao seu rival.

A pesar dos continuos intentos celestes por conseguir anotar, finalmente o Celta B empatou 0-0 o partido e conseguiu levar un valioso punto contra un gran equipo como o CD Badajoz.

FICHA TÉCNICA

0 – RC CELTA B: Gaizka Campos, Carrique, Álex Martín, Carlos Domínguez, Pampín (Medrano, min.66), Carbonell, Carlos Beitia (Gómez, min.57), Holsgrove, Alfon (Gabri Veiga, min.66), Iker Losada (Cedric, min.57) e Lauti.

0 – CD BADAJOZ: Limóns, Pascual, Pérez, Pardo, Gilmar Torres, Barri, Otegui, Isi Gómez, Jesús Clemente, David Concha e Gorka Santamaría.

Árbitro: Jaime Ruiz Álvarez do colexio asturiano. Amoestou a Carbonell, Alfon e Holsgrove por parte do RC Celta.

Campo: Barreiro.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas