MINIATURA RESUMEN CABECERA WEB
Celta b

Real Unión Club Irún 1-1 Celta Fortuna: resumo, resultado e goles do partido de Primera Federación

RC Celta

O Celta Fortuna recada un punto fronte ao Real Unión Club Irún na súa visita ao Stadium Gal (1-1). Os celestes comezaron o partido dominando, cun xogo destacado e xerando varias oportunidades de gol, pero non sería ata a segunda metade cando Javi Rodríguez lograría anotar o 0-1. Con esta vantaxe no marcador, os locais adiantaron liñas sen demasiado éxito, e cando parecía que a cita chegaba ao seu fin, un balón colgado á área acabou no tanto do empate (1-1).

Agora os de Claudio Giráldez céntranse no seu próximo encontro fronte ao Sestao River Club, que terá lugar o sábado 24 de febreiro ás 16:00h.

FICHA TÉCNICA:

1 – Real Unión de Irún: Unai Agirre (Charly Pérez, min. 16), Marcos Luna, Iván Pérez, Antón Escobar (Peru Ruiz, min. 77), Asier Benito, Quique Rivero, Imanol Baz, Ander Vidorreta (Oyarzun, min. 77), Alberto Solís, Asier Córdoba (Joseca, min. 67), Julio Escorcia (Cerdá, min. 77).

1 – Celta Fortuna: Ruly García, Pablo Meixús (Javi Domínguez, min. 89) , Manu Fernández, Joel López, Javi Rodríguez (Javi Rueda, min. 89), Damián Rodríguez, Fer López (Raúl Blanco, min. 67), Hugo Álvarez, Alfon (Miguel Román, min. 78), Pablo Durán, Dela (Bruno Iglesias, min. 78).

Goles: 0-1, min. 74: Javi Rodríguez; 1-1, min. 96: Alberto Solís.

Árbitro: Torres Monterrubio. Cartón amarelo aos locais Iván Pérez, Luna, Oyarzun e Rivero; e aos visitantes Joel López e Bruno Iglesias.

RC Celta

Etiquetas

Celta b Novas celta b

Noticias recomendadas