sotelo
Celta b

Vitoria do Celta B na súa visita a Salamanca (0-3)

RC Celta

Gran vitoria do Celta B para pechar 2022 ao grande ante Unionistas de Salamanca no Estadio Novo Reina Sofía (0-3)

O encontro comezaría cun intercambio de golpes no que Miguel Rodríguez anotaba o primeiro gol celeste pasada a media hora de encontro, vantaxe no marcador coa que a primeira parte remataría. No segundo tempo, a expulsión de Leal cando Lautaro dirixíase xa cara á meta rival poñía o partido de fronte para os nosos, que anotarían nos minutos finais os dous goles restantes que nos darían o encontro. Os goleadores celestes serían Miguel (Min. 84′) e Hugo Álvarez (Min. 91′), sendo este a estrea cara a porta co filial celeste.

O Celta B durmirá este final de ano en novena posición, seguindo unha serie positiva para os mozos de Giráldez. O seguinte encontro do filial será en Abanca Balaídos a fin de semana de Reyes ante o Rácing de Ferrol.

FICHA TÉCNICA

0 – UNIONISTAS CF: Salva; Vicente, Leal, Gómez, Vermello (Blázquez, Min. 77′); Chapela, Sanz, Nespral (Tropi, Min. 60′), Beneit (Borja, Min. 77′); Losada (Juampa, Min. 67′), De la Nava (De Miguel, Min. 60′)

3 – RC CELTA B: Christian Joel; Tincho (Yoel Lago, Min. 60′), Javi Rguez., Carlos D., Sergio B., Medrano; Beitia (Damián, Min. 74′), Hugo Sotelo; Miguel Rguez. (Carrique, Min. 89´), Iker Losada (Raúl Blanco, Min. 74′), Lautaro (Hugo Álvarez, Min. 60′).

Goles: Miguel 0-1, 0-2 (Min. 31′ e 84′), Hugo Álvarez 0-3 (Min. 92′)

Árbitro: Orellana Cid, do colexio andaluz. Amoestou a Chapela (Min. 18′) e expulsou a Leal (Min. 57′) polo Unionistas e polo Celta B amoestou a Medrano (Min. 17´) e Beitia (Min. 49´)

Campo: Estadio Municipal Novo Reina Sofía

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas