20220116_JuvenilAVsRCDeportivo_3
A Canteira

O Xuvenil A derrota ao RC Deportivo e accede aos oitavos de final (2-1)

RC Celta

O sorteo dos dezaseisavos da Copa del Rey Juvenil deparou un atractivo derbi entre o RC Celta e o RC Deportivo da Coruña. Un partido disputado nas Instalacións Deportivas de A Madroa que seguiu idéntico guión ao derbi ligueiro disputado no mesmo escenario o pasado 21 de novembro: o conxunto branquiazul adiantouse no marcador, pero os celestes conseguirían darlle a volta ao marcador. Un tanto que chegaría na prórroga despois de pechar o tempo regulamentario con empate a un gol.

Un partido no que Nájera abriría o marcador a piques de cumprirse o minuto vinte de partido cun zurdazo desde fóra da área. O mesmo protagonista estivo preto de ampliar o marcador pouco despois, pero o gardameta César estaría áxil para manter o 0-1 ao descanso. Tras a continuación, e con pernas frescas cos cambios, o Xuvenil A meteu unha marcha ao encontro e lograría a igualada por medio de Aitor Mañas, que aproveitaba o rexeite do porteiro tras unha gran xogada individual de Antañón. Un gol que levaría o partido a unha prórroga na que os celestes, superiores no xogo, conseguiron levar a vitoria e a clasificación a oitavos de final por medio de Hugo Álvarez. O mediapunta, que esta semana recibía a súa primeira convocatoria coa Selección Española, salvaba ao porteiro Hugo para bater a porta baleira e certificar o triunfo do Celta.

Se queres ver o partido completo pica nesta ligazón.

FICHA TÉCNICA

2 – CELTA JUVENIL A: César Fernández; Javi Rodríguez, Manu Fernández, Yoel Lago, Pablo Meixús, Diego Rodríguez; Hugo Sotelo, David de la Iglesia; Fer López, Aitor Mañas, Hugo Álvarez. Tamén xogaron Lucas Antañón, Roi Tato, Jesús Ares, Breo y Javi Labrada.

1 – DEPORTIVO JUVENIL A: Hugo Ríos; Nacho Díaz, Seydiba, Mauro Gómez, Álex González; Embid, Mario Vázquez; Rubén López, Nájera, Diego Gómez; Garaboa. Tamén xogaron Manu Rivas, Ochoa, Berrocal, Jairo, Padín y Baldomar.

Goles: Nájera (0-1, min. 18); Aitor Mañas (1-1, min. 70); Hugo Álvarez, (2-1, min. 100).

Campo: Instalacións Deportivas de A Madroa.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas