a-sede-logotipo.jpg
Celtismo

A cultura e a moda tamén terán o seu espazo en ‘A Sede’

RC Celta

Continúan revelándose detalles sobre a nova sede do RC Celta, situada na céntrica rúa viguesa do Príncipe e cuxa inauguración terá lugar o vindeiro sábado 17 de marzo. Tras presentar algúns dos negocios que albergará a nova casa do celtismo, como o Gambeta Gastrobar, o Restaurante Silabario ou a Clínica RC Celta, hoxe é a quenda de coñecer novidades sobre o Salón Rexio e a tenda multimarca do club celeste.

Salón Rexio

Este espazo histórico de A Sede está chamado a converterse no gran elemento dinamizador da actividade do edificio. Será un lugar de referencia na axenda cultural, didáctica e artística da cidade durante todo o ano, pero tamén un lugar único, diferente e totalmente adaptable para todo tipo de eventos e actos empresariais.

Tenda multimarca

Situada en plena Rúa do Príncipe, a zona comercial e de moda de Vigo, a tenda de A Sede será un establecemento cunha gran oferta de roupa e complementos de diferentes marcas como DR&N, Scotch&Soda, Superdry, At.P.Co, Von Dutch, La Sal Style, Gorgeous, Goorin Bros, Graphics Proyect, Reiko, Maison Scotch, American Vintage, Grace & Mila ou Designers Society.

A Sede

O RC Celta, a súa afección e Vigo vivirán no mes de marzo un acontecemento histórico, a inauguración da nova sede social do club, situada na rúa do Príncipe, no corazón de Vigo, nun emblemático inmoble que se converterá na casa do celtismo. Este evento terá lugar o día 17 do próximo mes de marzo, unha data que sen dúbida pasará á historia do club, xa que a nova sede social é un dos grandes alicerces do proxecto de futuro da entidade e á vez un poderoso impulso ao presente.

Todas as novidades e detalles na web asede.rccelta.es e nas contas oficiais de A Sede en twitterfacebook e instagram.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas