20231216_Partido_RCCELTAvsGRANADA_aficion-28
Celtismo

Á venda as entradas para Celta-Real Sociedad e Celta-Girona

RC Celta

Preparado para vivir a emoción do fútbol en Abanca Balaídos cos próximos encontros do RC Celta? Xa están á venda as entradas para as dúas últimas citas de xaneiro 2024: RC Celta-Real Sociedad e RC Celta-Girona. Ambos partidos, con datas aínda por determinar, estarán dispoñibles a partir de 20 euros para adultos e 15 euros para sub-25 AQUÍ.

Ademais, se queres facer que o teu paso polo estadio sexa inesquecible, mergúllate na historia do club coa “Experiencia Abanca Balaídos”, que inclúe unha visita ao Museo RC Celta e entrada para ambos partidos. Para conseguir este pase ou solicitar máis información non dubides en visitar as nosas tendas físicas ou entrar en shop.rccelta.es. Vémonos en Abanca Balaídos!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas