Camila Pescatore, xogadora de As Celtas, foi convocada coa Vinotinto Feminina para disputar os encontros ante Tailandia e México.
Internacional coa selección de Venezuela desde o 2015, Camila participou en numerosos campionatos demostrando a súa valía en cada un deles. Agora, a calidade demostrada no conxunto celeste valeulle para acumular unha nova convocatoria co seu combinado nacional.
O duelo ante Tailandia disputarase no Centro de Alto Rendemento da Federación Mexicana de Fútbol, o vindeiro mércores 23 de outubro ás 0:00 a.m. (hora española). Por outra banda, a Vinotinto feminina medirase o sábado 26 ante o combinado mexicano no Estadio Agustín Coruco Díaz de Zacatepec ás 23:45 p.m. (hora española).
Unha convocatoria que supón un importante recoñecemento para o seu esforzo e dedicación diaria, ademais da o rendemento que está a demostrar como xogadora de As Celtas.
Parabén, Camila!