asceltas-balaidos-16x9
As Celtas

Abanca Balaídos renderá este sábado homenaxe ao dobre ascenso de As Celtas

RC Celta

No próximo partido en Abanca Balaídos, que terá lugar o sábado 10 de maio e que enfrontará a RC Celta e Sevilla FC, o club seguirá escribindo historia. Antes do inicio do encontro, o celtismo renderá homenaxe ás xogadoras celestes polo dobre ascenso de As Celtas no seu primeiro ano de vida.

O primeiro equipo de As Celtas e a súa filial lograron a pasada fin de semana o ascenso directo, e tras celebralo o luns 5 de maio na Porta do Sol, este sábado queren compartir a alegría tamén no templo celeste.

As pupilas de Vicky Vázquez saltarán ao céspede de Abanca Balaídos, entre o quecemento e o himno, e tomarán a palabra no círculo central para pechar unha tempada inesquecible.

O RC Celta convida a todo o celtismo a chegar con tempo a este encontro para sumarse á homenaxe.

Contamos convosco, celtistas!

RC Celta

Etiquetas

As Celtas

Noticias recomendadas