20230515_TourMuseoAbancaBalaídos_111
Celtismo

Match Day Tour especial para o último partido en casa

RC Celta

O RC Celta lanza unha edición especial do Match Day Tour con motivo do último encontro da tempada en Abanca Balaídos, que se disputará o próximo 18 de maio fronte ao Raio Vallecano.

Esta experiencia única acompañounos toda a campaña, pero a do domingo será aínda máis especial para os afeccionados por ser a última do curso. Xuntos seremos os últimos en percorrer o estadio, coñecer de preto a historia e os recunchos máis emblemáticos do club en día de partido.

As sesións realizaranse entre as 11:00 e as 13:30 horas, cunha duración aproximada dunha hora.

O circuíto está aberto a todos os públicos e o prezo parte desde 15€ con Carné Celtista e con entrada gratuíta para menores de 5 anos. Lembramos, ademais, que os menores deberán ir acompañados por un adulto en todo momento e que as prazas son limitadas, polo que vos animamos a que consigades a vosa entrada canto antes.

Unha forma diferente de vivir o celtismo e despedirse dunha tempada inesquecible.

Reserva a túa praza en Bstadium AQUÍ!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas