DSC01897-2
A Canteira

Yoel Lago renova por catro tempadas: de A Madroa a Europa co equipo da súa vida

RC Celta

O RC Celta continúa firme na súa aposta pola canteira coa renovación de Yoel Lago. Un dos últimos talentos formados en AMadroa asina co club da súa vida por catro tempadas máis.

A campaña 2024/25 quedará gravada para sempre na memoria do central, xa que tras un ano de crecemento continuo, Yoel deu o esperado salto ao primeiro equipo, onde deixou unha imaxe impecable. Cunha evolución constante, o canteirán disputou 29 encontros co Celta Fortuna en Primeira RFEF e sumou 10 partidos co RC Celta, incluídos dous na Copa del Rey.

Desde a súa chegada ao vestiario dirixido por Claudio Giráldez, Yoel non só adaptouse con naturalidade, senón que se converteu en parte activa da recente conseguida clasificación para a Europa League.

A súa renovación é un sinal claro do gran momento que vive a canteira celeste, cunha xeración que ilusiona, que soña e que fai soñar. O RC Celta non pode estar máis orgulloso de ver como os seus xogadores crecen en casa e defenden este escudo e estas cores con tanta paixón.

Parabéns, Yoel!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Novas canteira

Noticias recomendadas