O RC Celta segue perfilando a súa preparación para a tempada 25/26 e confirma o seu terceiro partido amigable deste verán. O conxunto celeste medirase ao VfB Stuttgart o vindeiro sábado 26 de xullo ás 15:30 horas, no Stadion Kreuzeiche.
O Stuttgart, histórico club alemán fundado en 1893, milita actualmente na Bundesliga. Cunha traxectoria cargada de éxitos, o conxunto xermano conta no seu palmarés con cinco títulos de Liga, catro Copas de Alemaña e unha Supercopa, entre outros logros. Ademais, do mesmo xeito que o RC Celta, o Stuttgart aposta por unha canteira activa e unha filosofía de traballo con novos talentos.
Este amigable súmase aos xa anunciados ante o Wolverhampton Wanderers e o SC Braga, dentro dunha pretemporada esixente deseñada para que o equipo chegue nas mellores condicións posibles ao comezo dunha campaña que se presenta ilusionante.