As Celtas incorpora unha nova peza ao seu defensa. Sara Debén Mota (Ponteareas, 29 de xuño de 2000), de 25 anos, únese como nova lateral esquerdo do equipo de Vicky Vázquez.
A xogadora chega a Vigo tras unha ampla traxectoria en clubs como Vila do Corpus, Atlántida Matamá, Real Oviedo, Fundación Albacete, Deportivo Abanca e Avilés. Unha carreira que demostra a súa experiencia e compromiso.
No seu palmarés destacan dous recoñecementos como Mellor Lateral Izquierdo de Galicia en 2017 e 2018, o ascenso a 1ª RFEF co Fundación Albacete na tempada 21/22 e o ascenso a Liga F co Deportivo Abanca na 23/24.
Sara achegará calidade e solidez á defensa celeste. Un reforzo que chega para sumar e fortalecer o proxecto de As Celtas.
Benvida, Sara!