O Celta e o AVS Futebol SAD acordaron o traspaso de Jordi Escobar, o dianteiro do Celta Fortuna inicia así unha nova etapa deportiva na Primeira Liga de Portugal.
Jordi chegou a Vigo en agosto de 2024 para poñerse ás ordes de Fredi Álvarez, e o certo é que asinou unha tempada espectacular no filial celeste. En total foron 1.700 minutos nos que o catalán defendeu este escudo con compromiso e sacrificio, deixando 11 goles e 4 asistencias.
Agora, o club quere agradecerlle a súa entrega e profesionalidade, e desexarlle o maior dos éxitos neste novo capítulo da súa carreira deportiva.
Sorte, Jordi!