16-9 (22)
As Celtas

Este sábado… Presentación oficial de As Celtas ante o celtismo!

RC Celta

Este sábado 23 de agosto, o celtismo ten unha cita moi especial na Madroa. Antes do partido fronte ao FC Porto, o club presentará oficialmente ao plantel de As Celtas que esta tempada competirá en Segunda RFEF tras o histórico ascenso logrado en maio.

A presentación será ás 11:45h, xusto antes do partido, que dará comezo ás 12:00h. Unha a unha, as xogadoras do primeiro equipo serán presentadas ante unha afección que volverá poñer cara e voz ao equipo dirixido por Vicky Vázquez, só 110 días despois daquel emocionante ascenso celebrado na Porta do Sol.

As portas da Madroa abrirán ás 11:00h. A entrada será gratuíta para abonados de calquera modalidade, mentres que as entradas estarán á venda por 10€ para público xeral e 5€ para os máis pequenos.

O club quere que este reencontro sexa inesquecible, por iso anima a todo o celtismo a vir e acompañar a As Celtas no inicio dun curso que promete ser ilusionante.

RC Celta

Etiquetas

As Celtas

Noticias recomendadas