asceltas1
As Celtas

As Celtas quentan motores na súa posta de longo en A Madroa

RC Celta

A tan só 15 días do inicio dunha nova tempada histórica para As Celtas, o conxunto de Vicky Vázquez presentouse de maneira oficial ante o celtismo na Madroa. Más de medio milleiro de persoas encheron as bancadas para recibir ao plantel que competirá esta campaña en Segunda Federación tras o brillante ascenso conseguido o curso pasado.

Un acto no que centos de afeccionados e afeccionadas non quixeron perderse a oportunidade de coñecer de preto ás novas caras que vestirán a camiseta celeste, do mesmo xeito que recibir novamente ás xogadoras protagonistas do ascenso que esta tempada volverán loitar por seguir facendo vibrar a todo o celtismo.

As xogadoras foron saltando ao terreo de xogo acompañadas pola ovación constante do público, o que foi a antesala perfecta dun esixente amigable ante o FC Porto como parte do calendario de pretemporada. O conxunto celeste ofreceu unha moi boa imaxe ante un dos equipos máis potentes da liga portuguesa, nun duelo que terminou con vitoria grazas ao tanto de Noela Sánchez na segunda metade.

Cunha mestura de mocidade, talento e experiencia, As Celtas xa están listas para volver facernos gozar unha campaña máis. A próxima fin de semana pecharán a pretemporada disputando un triangular xunto co Olímpico de León e o Real Avilés, mentres que a seguinte semana o conxunto celeste debutará en Segunda RFEF ante o Bizkerre Club en A Madroa.

Xa non queda nada, celtistas!

RC Celta

Etiquetas

As Celtas

Noticias recomendadas