
O Celta recibirá ao Bologna FC o xoves, 11 de decembro ás 21:00 horas, no último partido da UEFA Europa League que se disputará este 2025 en Abanca Balaídos.
As entradas xa están dispoñibles no Portal do Celtista, cun período de venda exclusiva de 24 horas para Carné Celtista. A partir de entón, as localidades poñeranse á venda para o público xeral a través da web oficial do club, así como, nos despachos de billetes do estadio. Os prezos das mesmas oscilan desde os 20€ para celtistas e desde 25€ para o público xeral.
Non te perdas este sexto encontro da fase de grupos da competición continental. Vivamos xuntos outra gran noite europea e fagamos de Abanca Balaídos unha auténtica caldeira celeste.
Imos, afección!