
Pablo Durán sofre unha escordadura leve do ligamento colateral medial do xeonllo esquerdo e unha contusión ósea, segundo revela a resonancia magnética que se lle practicou este luns no Hospital Ribera Povisa. O dianteiro celeste sufriu unha dor brusca durante o partido ante o RCD Mallorca, correspondente á xornada 25 de LALIGA EA SPORTS, polo que tivo que ser substituído a falta de cinco minutos para o descanso.
Agora, Pablo seguirá un tratamento de recuperación e estímase que estará de baixa arredor de 2 semanas.