16-9
Novas primeiro equipo

O Celta segue soñando en Europa e espera rival en oitavos

RC Celta

O Celta selou a súa clasificación para os oitavos de final da UEFA Europa League tras superar ao PAOK FC nunha eliminatoria que dominou de principio a fin, impoñéndose tanto no partido de ida no temido Toumba Stadium, onde non gañara ningún equipo español; como na volta en Abanca Balaídos.

O conxunto dirixido por Claudio Giráldez ofreceu unha imaxe competitiva ao longo dos máis de 180 minutos, dominando a posesión e mostrando determinación na área rival para decantar ambos os partidos ao seu favor.

A eliminatoria puxo en valor a ambición dun equipo novo, comprometido e con talento Feito na Madroa como principal aceno de identidade para seguir defendendo o escudo celeste por toda Europa. E, xunto a eles, o celtismo. Unha afección sempre entregada e presente que foi fundamental en cada desafío europeo.

Cos deberes feitos, o Celta espera agora novo destino. O seguinte capítulo escribirase mañá na Casa do Fútbol Europeo en Nyon (Suíza), onde se celebrará o sorteo que definirá os cruces dos oitavos de final. Os posibles rivais son o Olympique de Lyon ou o Aston Villa FC, dous adversarios que esixirán a mellor versión celeste.

Celtismo… Europa continúa!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas