EMPAREJAMIENTO
Novas primeiro equipo

O Celta medirase ao Olympique de Lyon nos oitavos de final de Europa League

RC Celta

Tras impoñerse no Toumba e en Abanca Balaídos ante o PAOK de Salónica, o Celta xa coñece ao seu rival para os oitavos de final.

Este mediodía, a Casa do Fútbol Europeo en Nyon (Suíza) foi o escenario do sorteo que definía os emparellamentos da seguinte rolda do torneo continental. O conxunto celeste partía con dúas posibles cruces: Olympique de Lyon ou Aston Vila. Finalmente, a fortuna quixo que sexa o equipo francés o adversario do Celta nesta eliminatoria. Uns dezaseisavos de final que se disputarán os días 12 e 19 de marzo e que se resolverá a domicilio en Parc Olympique Lyonnais.

Agora, nunha eliminatoria a dobre partido e con moito en xogo, o Celta buscará impoñer o seu estilo e apoiarse na calor do celtismo para seguir avanzando en Europa.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas