
O Celta Fortuna afronta este domingo 7 de xuño unha cita decisiva en Abanca Balaídos. O filial celeste recibirá ao CE Europa na semifinal do playoff de ascenso a partir das 16:15 horas, nun encontro para o que xa están á venda as entradas.
Os afeccionados que desexen acompañar ao equipo neste importante partido poden adquirir as súas localidades por un prezo único de 15 euros a través da nosa páxina web.
Acceso para abonados e celtistas
Todos os celtistas poderán acceder ao encontro (ata completar capacidade) utilizando o seu carné da tempada 25/26, só será valido en formato físico ou mediante o carné NFC dispoñible na Wallet ou carteira dixital do seu dispositivo móbil.
Por cuestións operativas relacionadas coa preparación da próxima tempada, o acceso mediante código QR NO estará habilitado para este partido.
Portas e gradas habilitadas
Para este encontro estarán abertas as bancadas de Tribuna Alta, Tribuna Baixa e Marcador Baixo.
As portas habilitadas para o acceso serán as números 2, 3, 4, 5, 7, 8, 9, 10, 12 e 14.
Entradas xa dispoñibles
As entradas para a Celta Fortuna – CE Europa xa poden adquirirse a través da nosa páxina oficial.
O club anima a toda a afección a encher Abanca Balaídos e acompañar ao equipo nunha partido clave no seu camiño cara ao ascenso a Segunda División.