20260711_RP_Renovación_MarcosAlonso-11
Novas primeiro equipo

Marcos Alonso: “Estamos construíndo un proxecto moi bonito e apetecíame seguir aquí”

RC Celta

A Cidade Deportiva Afouteza acolleu este sábado a rolda de prensa de renovación de Marcos Alonso. O defensa celeste estivo acompañado polo conselleiro do Celta, Sergio Álvarez, que lle agradeceu o seu compromiso por seguir achegando a súa experiencia ao equipo, e polo director de fútbol, Marco Garcés, quen destacou publicamente a súa importancia dentro do vestiario: “É evidente o que nos achegas, ese nivel de experiencia e de competitividade”.

Durante a quenda de preguntas, Marcos explicou os motivos que o levaron a seguir vestindo de celeste. “Estamos nun proxecto moi bonito e apetecíame seguir aquí, darlle continuidade e seguir medrando como equipo e como club”. O defensa asegurou que “non tiven que pensalo moito” e que o ambiente que se vive no vestiario foi determinante, afirmando que “iso tamén influíu na decisión” e deixando claro que a proximidade coa súa familia, a boa relación coa cidade e o cariño da xente foron aspectos importantes á hora de renovar.

Ademais, recoñeceu que esta etapa en Vigo fíxolle valorar aínda máis cada paso do equipo. “Aquí aprendín a celebrar os pequenos triunfos e volvín darlle importancia a cada punto, algo moi bonito”.

E pensando xa na próxima tempada, Marcos ten claro o camiño. “A esixencia será maior, pero estamos centrados en seguir medrando como equipo e, con traballo, humildade e esforzo, sabemos que podemos sacar as cousas adiante”, asegurou.

Dálle ao play e descubre todo o que tivo que dicir o defensa sobre a súa renovación.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas