20230901_EstadioAlmería_PowerHorse
Celtismo

Á venda as entradas para o UD Almería-Celta Fortuna!

RC Celta

Xa está dispoñible a pre-reserva de entradas para a Xornada 6 de LaLiga Hypermotion que enfrontará o UD Almería e o Celta Fortuna o vindeiro 20 de setembro ás 18:30h. no UD Almería Stadium. A venda será exclusiva para o Carné Celtista en calquera das súas modalidades.

A continuación, explicamos polo miúdo como realizar o proceso e cales son os pasos que hai que seguir desde o Portal do Celtista:

Pre-reserva e adxudicación

Para optar a unha entrada é necesario realizar unha inscrición no Portal do Celtista e efectuar un pagamento de pre-reserva de 5 euros, co obxectivo de que as peticións sexan en firme. Este importe será devolto no caso de non resultar seleccionado/a.

Este pagamento non garante automaticamente a entrada, senón que permite participar no proceso de adxudicación, que se rexe polos seguintes criterios:

  • 75% das entradas asignaranse segundo a antigüidade: terase en conta a media de antigüidade no caso de grupos e a antigüidade individual nas solicitudes persoais.
  • 25% das entradas adxudicaranse mediante un sorteo entre os solicitantes restantes.

Unha vez finalizado o proceso de adxudicación, todas as persoas inscritas recibirán un correo electrónico informando do resultado da súa solicitude.

Pagamento final para as persoas seleccionadas

Os celtistas que resulten seleccionados recibirán un correo de confirmación ao redor do venres 11 de setembro, coas instrucións para completar a compra aboando a diferenza respecto da pre-reserva realizada.

Para formalizar a compra, deberán seguir estes pasos:

  1. Acceder ao Portal do Celtista e dirixirse ao apartado «Entradas Visitante».
  2. Completar o pagamento nun prazo máximo de 24 horas desde a recepción do correo.
  3. Recibirán a confirmación da compra e a información sobre a entrega da entrada.

Importante: Se o pagamento non se realiza dentro do prazo indicado, perderase o dereito á compra da entrada e o importe da pre-reserva non será reembolsado.

Devolución para as persoas non seleccionadas

Aquelas persoas que non resulten seleccionadas recibirán un correo coa notificación e, de forma automática, o club procederá ao reembolso íntegro do importe da pre-reserva, mediante o mesmo método de pagamento utilizado durante a inscrición.

Confirmación e entrega das entradas

As persoas que completen o proceso de compra recibirán un correo de confirmación. É importante lembrar que o comprobante de pagamento non é válido como entrada.

Neste caso, as entradas serán dixitais. En caso de producirse calquera cambio, o club poñerase en contacto a través do correo electrónico.

Unha vez realizada a compra, non se permiten cambios nin devolucións.

A pre-inscrición para as entradas está dispoñible no Portal do Celtista desde hoxe mesmo ata o venres 11 de setembro ás 12:00h. Lembramos que estas son nominativas e será necesario presentar o DNI xunto coa entrada no acceso ao estadio.

Vémonos en Almería, celtistas!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas