Rubén Martínez e Félix anotaron os goles celestes
O Celta B logrou colleitar unha vitoria lonxe de casa e con claridade. Os vigueses adiantáronse no primeiro tempo por medio de Rubén Martínez (23′) e redondearon a vitoria co tanto de Félix a poucos minutos para o final (85′), nun partido con escasas ocasións.
0-CD Dorneda: Manu, Alfonso, Juan, Adrián, Dapo, Elmer, Michi, Vidal, Efrén, Jordi e Deza. Suplentes: Martín, Diego, Dani, Héctor e Liñares
2-Celta B: Rubén, Jonny, Víctor Vázquez, Soto, Maestre, Borja, Madinda, Añón, Félix, Rubén Martínez e Camochu. Suplentes: Óscar, Kevin, Sergio Santos, Marcos Torres e Thaylor
Goles: Rubén Martínez, 0-1 (min.23); Félix, 0-2 (min.85)