Ambos xogadores, pendentes de probas e evolución para determinar as súas posibilidades de xogar o sábado
O dianteiro do Real Club Celta Charles sufriu no partido de onte en Vallecas a fractúra desprazada dos ósos propios do nariz, que foron colocados xusto tralo partido polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota. O ariete celeste será sometido a un TAC nas próximas horas. Pola súa banda, o centrocampista Álex López sufriu unha lesión muscular no seu xemelgo esquerdo que será evaluada mediante unha ecografía ao longo da xornada deste luns.
Ambos xogadores están, polo tanto, pendentes de probas e evolución para determinar o seu estado e a súas posibilidades para o partido do próximo sábado en Balaídos ante a Real Sociedad.